BVG Atrás Índice de Páxinas |
¡Lenda de horrore! A mitra de ferro ardente |
||
Páxinas 58-93 |
|
m4galosalinaslendadehorrore004.html
[p. 58]
XI.
0 FISTIN DOS MORTOS.
Ás doce iban á dar.
Os ricos-homes
Tomando en xerarquias seus asentos,
Säudaban de Monforte
0 mais antigo e senorial castelo,
Tan altivo seu dono e máis tan nobre
Que o compararse ô rei soilo era ó certo.
Frores, bandeiras, ianzas e armaduras,
Pebeteiros de éncenso que aromaban
Os ámbetos da sala, luz diurna
Que en teito e chau se espalla,
E os fidalgos locindo co arrogancia
No peito bandas e no casco prumas.
[p. 59]
0 fistín comenzóu.
Frente da mesa,
Co o relumante clámede bordado,
0 Abade presedía
Co a majestá dos impecabres santos,
Que no outra cousa merecia a festa
Do ángel que en vida se chamara Elvira.
Os paxes e escudeiros
Viändas traguían con fartura tanta,
Que as moitas que sobraban
Levabanse pra as mesas que no cerco
Estaban colocadas
Pra a gente de melicia e os pecheiros.
Os viños se estragaban.
Ja nas testas
Do estámago bulian os vapores:
Os servos daban ¡vivas!,
E os nobres ¡hóurras! de lembranzas bélecas,
E cando ja o festín feira tornóuse,
Que soilo a confusión maör rigia,
Erguíuse o Conde e dixo ôs barulentos:
«¡Selencio... vóu falar, estáime atentos..!»
[p. 60]
XII.
A FORCA E A MITRA
«Dëodos e amigos que cindir quixeches
«Trebutos de amistade ô probe vello,
«Que dende que perdéu da yalma a filla
«Pra sempre o corazón quedóu valeiro,
«Eu vos istimo tan liäl cariño
«Con toda á gratitú que hai no meu peito,
«E sirva este fistin, de honras da morta,
«Pra que dos vivos se aomental-o afeuto.
«Tranquilo agora ja por esta causa,
«Cumprido o meu deber que manifesto,
«Vóu revelar aquelo que hastra hoxe
«Vivíu aculto no maör sacreto.
«¡A filla, que os meus ollos ja non choran
«Que das bágoas o mar quedóu valeiro,
«Se está no ceo, junto El, Deus no a conduxo,
«Por morte natural, porque en mesteiro
«0 corpo que unha virge lle envexara
«Baixóu â tomba por mortal veneno..!»
[p. 61]
«¡Envenenada..! »os nobres ripitiron.
«¡Envenenada...sin..!riprica o vello,
Fixando as suas miradas encendarias
No Abade que mexíase no asento.
A embriaguez que eu moitos emperaba
Desparecéu, no pronto, dos celebros;
Os mandobres saïron dos seus cintos
E se erguen con tesón os cabaleiros.
«Calmade, amigos, que a vinganza chega
Enterrompíu o bon Conde de Lemus.
«Agora amostrarei cal se castigan
«Os facedores viles de venenos.»
Dixo, e á un siño que á seu paxe faille
Corríuse un cortiñón frente o rastrelo,
E víuse o torrión lógobre e triste
Na sua antiguidá soilo e soberbo.
0 Conde, a trompa que presenta Mauro,
Poidente söar faina co os seus beizos,
E no istante, na alta prataforma,
Dous homes se devisan, que á un terceiro,
Con cordas amarrado, rastrexaban
Cinguido, sin das maus o movemento,
E empurrandoó, botábano impracabres
Ó ponto mais saïnte do torreiro.
Loita terribre no curuto se arma
Antre os libertos homes e antro o preso
Con furia no opoñer de hercúlias forzas...
Ó fin aquél caiu, e no seu cuello
Un fino cordeliño lle ajustando,
De un pértego rebusto ô seu extremo,
[p. 62]
0 soltan ô vacio no que empera
Espóteco, e señor, e libre o vento.
0 corpo espernexando, a lingoa fora,
0 sembrante feroz, de sangue cheo,
E os ollos que nas órbetas non caben,
Ó esprito mais cröel lle puñan medo...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Por fin todo acabóu... a yalma fóise,
E Gúrrias ló quedóu ja seu alentos..!
A un novo siño o cortiñon pechóuse,
E o Conde proseguiu fero, altaneiro:
«Pois viches castigado ja o culpabre,
«Agora justo é que veña o premeo.
«¡Abade Don Ramiro, vos coidaches
«A Elvira, que se fói vöando ô ceo;
«Fixecheslle de pai na miña ausencia,
«E os vosos lïas sirvicios pagar queiro!
«E pouco o sere Abade para un home
«Que Bispo poide sere de conceuto;
«Do Rei a Mitra para vos rogueina
«E vou faguel-o rïal coröamento...
«¡Eiquí, meus ajudantes ...» E rachando
No vân de unha parede un ámpreo lenzo,
Penetran no salón deversos paxes
E en ándeas, outros mais, era seguemento,
Traguendo unha bandeia que sostiña
Unha coröa de candente ferro,
[p. 63]
Vermella ou branquizada, sigún era
0 fogo que a caldiaba por compreto.
Viñan ô atrás con traxes encarnados
En ringlas, os verdugos e os pecheiros,
Ús con mazas, os outros con picoutas,
Facéndoos parecer hostes de demos,
Ou bruxos en camiño do Aquelarre
Pra co as meigas o ter torpe concerto.
«¡Abade Don Ramiro...porparaivos
«Que a testa berra ja pol-o capelo..!
«¡Vil asinino de unha encauta nena...
«Ladrón de honras en torpe sarilegio...
«Perjuro de' unha Lei que Deus ditóuna...
«Hepócrita e treidor... maldito crego..!
«Recibide o castigo do dilito
«Que ispiróuno solmentres o inferno,
«Castigo máis söave que o róïn crime
«Que coumeteche, enícuo, no mesteiro
«Vos apartando da exemprar conduta
«Que siguen do Señor os lïáles servos...
«Comprí voso deber, meus homes de armas..!
«Justicía para min meus escudeiros..!»
Horribre foi a iscena que no ponto
Tivo lugar no báqueco aposento...
Nas mentres que ús sujeitan o Abade,
Os outros, con teazas e martelos,
Colocaron na testa do perjuro
A mitra feita brasa, roxa, ardendo...
0 sangue pol-o-rostro, escachoante,
Produz un aturrante chesporreo...
[p. 64]
0 frade se retorce no seu potro
E fugen con terror os cabaleiros..
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡E ô fin todo tirmina...Cäi un corpo
E a yalma vai rindir contas ô Eterno...!
Despóis de estare ja carbonezado
Levado o Abade foi ô alto torreiro:
Forcárono de un pao, cabo o judio,
E ámbos quedaron â mercé do vento.
Atoparon alí régio banquete
As águias e os buxatos que, famentos,
Co as gadoupas e vicos destrozaron
De aqueles dous vilás os mortos restos.
0 tempo, acabador de canto eisiste,
As cordas foinas presto podrecendo,
E unha noite, con tétreco chesquido
Ós fosos foron dar dous esquiletos.
Nin paz hacharon os malditos osos
No fondo aquel de cóbregas asento
Que se metendo pol-as juntas de eles
As horas se pasaban os röendo.
E contan que de estorices o pai louco,
0 Conde Don Bertrán Monforte e Lemus
Giraba, cal veleta, pol-as sombras
E todol-os currunchos do castelo.
Ja nin ô paxe Mauro ricibia,
E a fame pra matar, hachóu o geito
[p. 65]
De que n-un gabinete sin moblaxe
Botabanlle a ración cal fôs lobezno.
Ispindo da osamenta as suas carnes
Rugóu e marelóuselle o pelexo,
E a luz do sol que legra nosa vida
Non vesitaba o triste cautiverio.
As noites lle pasaban no insonio
E os dias no penar duro e tristeiro,
Sempre somido co aflición na yalma,
Fogo no corazón, na mente gelo.
Que se as ofensas en vingar nos damos
Ó esprito veno á ver remordemento,
Que anque o castigo sexa pra nos justo
Vinganzas non as quer ni ódeos o Eterno.
[p. 66]
XIII.
TORMENTO E SOEDADE.
Nin de Tántalo o martirio,
nin de Protheo o supricio,
nin a frebe que algun dia
sofríu de Silvio o dilirio
na dos promos prisón fria,
poiden falar cora verdade
do de Lemus os delores,
que o somiron na orfandade
cando vingóu seus rincores,
cando víuse en söedade
Voces que o agitan no leito,
maus que ó apresan e encadean,
pantasmas de nüo peito
e que, con guirtos sin geito
somellan volpes que oubean.
[p. 67]
Dende á ventá do aposento
que rudo escaniza o vento,
envolta en longo sudario
unha virgen que un rosario
mostra pra lle dar tormento:
«¡Verdugo..!anoxada berra
«as iras no as lhai quen mande;
«pensache soilo na terra
«e tês no esprito unha guerra...
«¡qué non soupeche ser grande..!»
E a visón desparecendo
deixóu o sítio valeiro,
no cal, rígido, altaneiro,
un branco espeutro, batendo
as queixás, mocas faguendo:
«¡Verdugo..!diz enritado
«pra sempre estás condenado
«que o inferno ganar quixeche,
«pois perdöar non soupeche
«caindo en atroz pecado.»
E de novo a ventá resta
o seu oco ademostrando,
hastra que ô pouco, asomando
outro espeutro a sua testa,
guirta o selencio espantando:
[p. 68]
«¡Verdugo.! ¿qué fás.? ¿non rezas..?
«¿non sintes remordemento..?
«hastra o redeiro momento
«garda esas duas cabezas
«pra da tua vida o tormento.»
E pol-a sala renxindo,
ceibando sangue fumeante,
dons cránios giran dïante
do vello, que á Deus pidindo
piedá, cäi agunizante.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¿Qué pasa no noso enterno?
¿De qué geito é a sentencia
que remorde na concencia
faguendo solar no inferno?
Pra o que falla é sempre inverno,
négalle o sol seus calores,
sofre a yalma antre delores,
a testa lle branquicea,
e o corazón lle rabea
porque vánselle os amores.
A religión nos insina
amostrarse o delor forte,
e non opofierse â sorte
que o noso distino incrina.
[p. 69]
Quén é xordo â Lei devina
e non mira pra adïante,
na yalma, desesperante,
leva un cáncere que ó mata,
e cando ô fin se procata
ja non hai fe que ó levante.
Cando a pacencia naufraga
a razón perde seu geito
e a chamma queima no peito
cal volcán que non se apaga.
De contino aberta a chaga
väise co a sangue a eisistencia,
acusa fera a concencia
e un cramor sai do perfundo,
porque levamos do mundo
con nos, tola a inteligencia,
Concencia nunca durmida
que asín marterizas tanto;
préstalle ôs ollos o pranto
por onde se escape a vida,
que se a mamoria esquencida
â ideotez as portas abre,
é millor sere cadavre
girando no mundo errante,
que pôr a pranta ouscilante
no chau de podrez e xabre.
[p. 70]
Os espritos altaneiros
soberbos, foscos e escuros,
vagan pol-a terra empuros
e de cariño valeiros;
de bôs trócanse en rastreiros,
e se arripíntense ou treman,
naide os escoita, asin xeman,
ninguén lles cede consolos,
e tristes ô verse e sólos
maldicen de sí e brasfeman.
¡Ai, non..! que é sopricio horribre
o se atopar sen amigos,
e maxinar anemigos
divorceados co o posibre.
A salvación é imposibre
se o corazón non se abranda,
e Deus que o perdón nos manda
e piedá; pra o mal alleo,
lle nega un síteo no ceo
ô que torce a dreita banda.
[p. 71]
XIV.
A PINITENCIA.
Pol-o castigo tan enhumano
Que o de Monforte ôs malos dóu,
0 dez Alfonso Rei moi cristiano
A pinitencias o condenóu.
Fixo que lenzos pintar mandasen
Pra nas eirexas os colocar,
E que ôs vindeiros lles amostrasen
A triste hestoria pra a remenbrar.
Hoxe en algunhas ainda se mira
0 croël sopricio aunque en borrós
Que o tempro é santo e non rispira
Outros airiños nos que as que da Dios.
Que pra do ceo siguil-a senda
Nón é priciso rincores têr
Cal os do héroe da nosa Lénda
Que as tradiciós no han de esquencer.
[p. 72]
Se pergúntades aló en Monforte
De unhas röinas o nome vân,
Diránvos:«Chaman Pazo da Morte,
Fói dono de elas Conde Bertrán.»
Ja no eisisten mais que unhas pedras
Do renegrido alto torrión,
Muros cobertos de fortes hedras
Do triste feito tistigos són.
¡Galicia, terra preceada
De tradiciós tan fermosas,
Tí, que a hestoria tês gardada
En páginas tan groriösas,
Finca a UNIÓN tan desexada
Das Provincias valerosas,
E o mundo fará justicia
Á grande e nobre Galicia..l
Fin da Lénda.
[p. 75]
FINIS CORONAT OPUS.
Tirminóu o tio Jan
a narración ja de lêr,
e antre selencio perfundo
gardóu dobrando o papel.
«¿Qué vos parece, rapaces?»
e un dixo:«Se certo é
«juro que foi séreo o conto»
«¡Pois, home!, ¿non ó ha de ser?
«¿Non vos dixen que eu vin mesmo
«pendurado da paré
«o coadro que representa
«canto ja vos lîdo hei?
«¿Ou sei que pensades ¡burros!
«qué quizáis non vos lîn ben..?
«É moi certo, e quen duvide
«non é gallego de leí,
«que eiqui crêr ou estoupar,
«ou ter fe, ou non a ter...
«¡anque a min, me Juncras leve
«se non vóu perdendo á fe..!,
[p. 76]
«por que vexo pol-o mundo
«tantos larpeiros con bês,
«tantos ladrós con honores,
«tanta cativa muller,
«pulítecos sin vergoña,
«nenos penteando tupé,
«milagres que os cregos colgan
«á quen lles vai mal ou ben,
«e unha milleira de cousas,
«que a conta comprida é,
«que digo, me Juncras leve
«si a fe irseme non quer...
«Pro ben; a táboa está posta...
«¡eih, á lixal-o mantel..!»
E seguen os comentáreos
hastra que dadal-as dez
foron todos â cociña
pra juntos a parva ter.
Elas cearon e rïron,
eles beberon por cen
que o tio Jan é rumboso
e é farta a tia Sabel,
dina muller de tal home
dino home de tal muller.
Escomenzaron os jogos
do lorcho, os pratos e o entrés,
e despois síguiu o baile
e logo as loitas.. ¡canté!
¡coma elas se amañaban
pra non se deixar vencer
[p. 77]
ô pesar das palpadelas
dos monos!.. ¡ora vai ben!.
.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Cal todo ten fin no mundo,
chegóulle ô trouleo aquel,
e o se marchar, cuás de dia,
tal cal moza medo ten
cicáis ôs aparicidos,
quizaves o feito croël
que ô tio Jan lles ouviran...
e que eu relatéi tan ben....
(fora modesteas, que ô cabo
a mesma conta ha de ter;)
e por temor que algun conde,
judio, abade ou doncel
lles andivesen nas veiras...
que todo poidera ser,
se colleron ôs rapaces
con tanta forza e aquel,
que a algunhas, nin con teazas
a sopararan tal vez....
de sorte que os probes mozos
pra ben dreitos se soster,
tiñan que pousal-as mocas...
no chau pra ter fincapé.
Festa que empeza en fiada
acaba... onde eu ben me sei,
e onde lle custa ô crego
ô sancristan e ô juez.
[p. 78]
Consecoencias... non as digo
que ja moito esborranxei
e os señores que me lêren
seica teima van me ter
por faguerme tan rallante,
tan difuso e tan... da pel;
e non van mercal-o libro,
despóis que os cartos gastei,
e requeimando os miölos
sudéi pra mal compoñer
tantos versos, rípeos, metros,
tanta rima de ouropel,
pra espôrme á que veña a critica
e me esfole, sen doör têr,
dende o mais alto da testa
hastra o mais baixo dos pés.
Pro se escaco me enquivoco,
se aprausos chegara á outer,
non por méretos do poëma
senon por grácea de alguén,
os aprausos ademito
pra a Pátrea llos ofrecer,
Rexión â que tanto adouro
con tal antusiasmo e lei,
que a rogaria por Groria
onde viñesen á ser
santos, todol-os seus fillos,
eu ánxel que os cantar ben.
FIN
[p. 81]
¡GALICIA!
CANTO HERÓECO ADICADO
Á SOCIEDADE BONAERENSE
ORFEÓN CENTRO GALLEGO.
A vosoutros, meus hirmaus pol-a Pátrea; á vosoutros, gallegos antusiastas que na Capital da Repúbrica Argentina, sintides e sofrides todal-as nostalgias da santa Terriña; á vosoutros que habédesme honrado espontáneamente representando na noite do 7 de Julio de este ano, repitindo en outra velada a representación no treato da vosa Sociedade, meu dramiña ¡FILLA...! outendo un eisito estraordinario pol-o ben que soupéchedes dar forma a miña ideia; á vosoutros a quen animo pra que, fortes pol-a unión, non retrocedades, e antes ben, avancedes pol-o camiño emprendido do progreso, vos adico este humilde Poemeto porque desexo que o nome de ese Centro vaia unido ô do insine galiciano o Ilustrisimo Señor Direitor general de Instrucción Púbrica D. Eduardo Vincenti y Regera, proteutor das letras regionás e fillo amante da nosa adouradiña Nai Galicia.
Galo Salinas Rodríguez.
[p. 83]
POEMETO
«Pátrea: Fides: Amor», voz que se escoita
Pra á Galicia ordenar: ¡Érguete e Ioita!
CANTO PRIMEIRO
PÁTREA.
I.
¡Saüde, ¡ouh! gentes da Región, saüde!
Que homilde bardo ôs vosos lares chega,
E sôs vaille arrincar ô seu laüde,
De argulo cheo que a pasión ó cega,
Pra vos cantar as grorias e a virtude
de esta tan virginal terra gallega:
Postraivos e rogade á Deus me asista
Que Deus ô poeta ó quer regionalista.
[p. 84]
II.
¿E coma non se a Pátrea é unha lumeira
Que en roja luz na yalma se esparrama?
Onde hai outra fadiña meiguiceira
Que ispire ô corazón que sinte e ama?
En parte algunha, que do crênte â veira
Soilo hay un Deus, e nai, e pátrea, e fama,
Pois hastra a pátrea que se ofrez do ceo
Mais que pátrea de amor é do deseo.
III.
Non é posibre, non poide haber no mundo
Outra región sobrime cal Galicia:
Non cabe no gallego ser sigundo
Nin sofre dos tirás torpe injusticia.
0 fillo da Soëvia, no perfundo
Da yalma, garda fiel a sua premicia,
E se socombe ô fin... ¡cai coma un bravo,
Non cal o pária vil, nin coma escravo!
IV.
Eu soño âs veces me atopar na guerra
De anemigos no frente numarosos:
Unha bala me fai deitar na terra
Mestrado antre cadavres espantosos:
Fallándolle a metrala, o jefe berra
Que atasquen o morteiro cos meus osos,
E ô desparar... ¡recólleme a vitoria
Porque é Galicia que me manda á groria!
[p. 85]
V.
Galicia, sin, que en sacra libertade
Se ispira con titáneca arrogancia:
Galicia; que remembra a heróica edade
Do Medulio, e Sagunto, e de Numancia,
Galicia, que no tempro da verdade
Juróu materno amor, lei e costancia
E ten, pra os antusiastas trovadores,
Coröas de loureiro, mirto e frores.
VI.
Unha ponla, tan soilo unha ponliña
Dame ¡ouh, Galicia! do vergel da groria..
Ben sei non merecela, que no é a miña
Elocuencia de abondo pra a tua hestoria
Tan chea de epopeias, liäl naiciña,
Que a fama é pouco pra a faguer notoria:
Pro che amo tanto, pátrea da miña alma
Que se premeal-o amor, conquiro a palma.
VII.
Todo aquelo que a mente solecita;
Todo aquelo que sexa nobre e grande;
Todo aquelo que ô peito ô ben incita;
Todo aquelo que ô ceo ô esprito mande,
Se alcontra junto en ti, terra bindita
Que ó rune o corazón que â fé se abranda...
As tuas tradiciós ¿quén as olvida...?
¡Solmente aquel que ja perdere a vida!
[p. 86]
VIII.
¿Pidís poetas? Vede aquí a Macias,
Rodríguez de Padrón, Parga, Viveiro
E a santa rula, frol dos nosos dias,
Rosalía de Castro, que en rimeiro
Falaron as nostalgias e as legrías
Do noso pobo libre e altaneiro;
E cen poetas mais que os nosos lares
Encheron de antusiasmo seus cantares.
IX.
¿Guerreiros? Comenzade por Vireato,
Pasade a Churruchao, Deza e Andrade,
Pedro Madruga; se valente engrato,
María Pita, orgulo da sua idade,
Pardiñas e outros de recordo grato
Que abateron do entruso a roindade,
E vede se é bandeira que frota alta
A de Galicia que ô patrizo eisalta.
X.
Se ô Atlante perguntades ¿Cal marino
Nas fondas sepoltóu a medea lüa
Dos musulmás? Diraivos: Foi Charino,
Y en deversas auciós Lángara, Rua,
Os Nodales, Romai, Gil e o devino
Don Casto Méndes Núñes; pra honra sua
Ó mundo lle guirtaron: " ¡Se hai cobardes
Na nosa terra os atopar non goardes!
[p. 87]
XI.
¡Non! que este chan de tres Alfonsos terra
E de Requila que chamóu grorioso
Nin se amedrenta co o estoupar da guerra,
Nin loita sen vencer nobre, anemoso,
A Depromacia que o iñorar desterra
A Ourém e a Lemus dóu lauro radeoso,
E as artes alumeáronlle o camiño
A Lois, Reimundo, Villamil, Patiño.
XII.
¿Queredes mais? Pois, mais aínda poidera
Vos relatar da terra sacrosanta;
Pro o bardo canso está e ni él soupera
Ó punto este ô chegar se chora ou canta.
Lle falla ispiración, e a quen lla dera
0 esprito en homildade lle levanta:
A Deus e â Patrea, ídolos que un dia
N-un mesmo altar casóulle a fantesía!
[p. 88]
CANTO SIGUNDO
FIDES.
I.
Vai o meu pleutro no tanger discorde
A prelodiar, soäviños, outros soïdos,
Qus as lides de un valor que ô mundo axorde
Cantadas foron ja pra os aguerridos,
Diréi de aquelo que o maxín recorde
Os ecos que da fé van deprendidos:
Vóu a cantar o fiel Catolecismo
Que hirmando poida ser co o Patreotismo.
II.
Se o corpo pra vivir en saudencia
Pricisa a mantinción que aomonta a forza,
0 esprito, que é inmortal, pra a sua eisistencia
E o fin de que o pesar non ó retorza,
Ile é nacesaria a paz, e que a concencia
Tranquila esté sen que o pensar remorza
Asina ó concibeu o Gran Requiario
Ó se invistir a insinia do Calvario.
[p. 89]
III.
¡Ainda esta groria, mais coupo a Galicia!
Requiario o premer Rei foi que na Iberia
Cristiana lle chamóu a sua justicia,
E desterrando as leis da vil materia
Á yalma lle ensinóu santa franquicia
Pra que índo ô ceo ispir a röin meseria;
E por Requiario veu, con pía maña
Católecos chamar ôs Reis de España.
IV.
Pro é que da fe o corazón se henchendo
Se fai bondoso, e gradecido, e humano,
Que no hei dita maör, ô que eu entendo,
Que se julgar en religión cristiano.
0 peito que lateja en Deus crëendo
Estóeco vé pasar ano tras ano,
E nin da vida teme a despiedada
Nin ó espanta da morte a sua chegada.
V.
Eiqui, nos nosos predios recibiron
A yauga beutismal Feijóo e Sarmento
Os doutos binidiutos, que atordiron
0 grobo co o saber do pensamento:
Eiquí nascéu Rajoy, ô que cinguiron
A mitra arcebispal, merecemento
Que outevo por virtú, na crara estrela,
A Roma de Oucidente, Compostela.
[p. 90]
VI.
Fe, que sostés nos cándedos a espranza
No abandones teu trôn que é o noso peito:
Por tí, ôs que lle ispiras confianza
Domexan de este val o rumbo estreito,
E ô fin logran chegar á benandanza
Co a frente irguida e co o seu paso dreito...
No antes que ensoños eu perder da idea
Libre, cal son; me aprese unha cadea.
[p. 91]
CANTO TERCEIRO
AMOR.
I.
Hai, ló, no enterno efrúvios mesteriosos
Que reloucando adrento o pensamento,
Magöan volontás, e ja piëdosos
Ou se agitando en crimenal tromento
Á os homes escravizan, que, homildosos,
Secomben ô emperar do pensamento
Enxebre lei de Amor que o igual aceuta
Xerarquía, opinión, honor e seuta.
II.
Amor universal, amor sobrime
Que moras puro na convencia honrada:
Amor, do santo lar, que nos ridime
Das culpas nas que cai mente aloucada:
Amor hácea a muller, que nos oprime
Se a yalma se alcontrare namorada:
Amor da Pátrea que no peito aniña...
¡Todos cabedes na eisistencia miña!
[p. 92]
III.
0 mundo cheo está de tristes lêndas
E de hestorias henchidas de dilicia,
Contrastes: que ademostran as contendas
Do amor que â sociedá move e disquicia...
Pro eu ô mundo non trebuto ofrendas,
iNo hai mais mundo pra min que esta Galicia!
Que por de todo têr, hastra de amores
Os dramas resolveu con pranto e doöres.
IV.
Ehi á Macias, o doncel firido
Por celosa, mortal, treidora lanza:
Ehi á Padrón das reinas prifirido
Fugir ô craustro pra ivitar vinganza:
Ehi á Maor Fernándes que ô marido
Amóu hastra vingalo con puxanza
E dóulle ô seu querer tal ardimento
Que abateu dos ingrês o estrevemento,
V.
E vede á Inés de Castro, tenra pomba
Mandada asisinar por rei, cobarde,
Pois, outro rei sacala da sua tomba
Pra coroäla no seu trôn ¡ja tarde!
E ô fin, Juana de Castro, na que zomba
Empía escomonión que o esprito lle arde...
¡A unha, de amor, ô crimen non se escapa!
¡A outra, de arnor, natematizaa un Papa!
[p. 93]
VI.
E ja non canto mais. Ronquezme a voce
Que eu iñorante son para alevarme,
Pois, anque o sintimento é dino e dôce
As frases pra o espresar ja van fallarme.
Reverte o corarón do tenro goce
Que alouca o meu maxin hastra eisaltarme...
¡Galicia, se no hai groria na outra vida
Eterno eu sexa en tí... eu ti, quirida...!
.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Saüde, ¡ouh! gentes da región, saüde!
Qué homilde bardo ós vosos lares chega
E sôs ja lle arrincóu ó seu laüde,
De argulo cheo, que a pasión ó cega
Pra vos cantar as grorias e a virtude
De esta tan virginal terra gallega,
¡Pátrea da Fe, do Amor e do lirismo,
Pátrea de Deus, do lïal Regionalismo!
Fin do Poemeto.
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |